Saltar a contenido

Salón Teatro de Santiago de Compostela

Fear Of Missing Out chega ó Salón Teatro de Santiago de Compostela.

O 25 de febreiro ofrecemos un espectáculo que combina un concerto, unha exposición e unha charla sobre saúde mental.

Mostraremos obras de Carlos Asorey, un artista da cidade, creador de ilustracións e esculturas que deixarán ó público impresionado.

Teremos unha charla coordinada pola psicóloga Rebeca Calvo Barros, da empresa Mentiness, e coa colaboración da USC, na que falaremos da realidade da saúde mental antes e despois da COVID.

E pecharemos coa interpretación do noso disco Disorders, con letras escritas por persoas con trastornos mentais. Todo isto, con entrada con aportación voluntaria íntegra a favor de FEAFES Galicia. Esperámosvos!

Entradas á venda en entradium.com

Datos rápidos:

Cuándo:
25/02/2023, 19:00
Proyecto:
Disorders
Dónde:
Santiago de Compostela (A Coruña)